Pendente de presentar a selección de obras a concurso, o Carballo Interplay fixo pública a súa programación de actividades. Para alén da xa anunciada sesión pro do dÃa 5 de abril, con encontros con produtores ou un Pitching de proxectos de webserie en galego, o evento desenvolverá ata o dÃa sete toda unha serie de propostas como o panorama de experiencias de creación audiovisual en secundaria, as mesas redondas Como creamos a nosa identidade pública en internet ou Tendencias, multimedia e xornalismo para millennials ou a conferencia Como petamos as redes con Operación Triunfo. Canda a isto, haberá obradoiros de biotecnoloxÃa ou electrónica para crianzas ou o Obradoiro de Narrativas de vÃdeo en redes sociais. Entre os nomes, Carlangas de Novedades Carminha, Belena Gaynor, Carolina Iglesias (Percebes y Grelos), Abigail FrÃas (Abi Power), Beatriz Cepeda (Perra de Satán), Iago Fernández ou Akira Valero entre outros.
Pola súa banda, o Play-Doc de Tui, que se celebrará entre o 26 de abril e o 1 de maio, abriu o prazo de inscrición para os seus obradoiros. Desta volta, os interesados poderán asistir a un Seminario de CrÃtica Feminista os dÃas 28 e 29 de abril que contará coa presenza das investigadoras Elena Oroz (Universidade Carlos III de Madrid), Marta Pérez Pereiro (Universidade de Santiago de Compostela) e Marga Carnicé Mur (Escola Superior de Cinema i Audiovisuals de Catalunya).
Canda a este, o festival convoca tamén o obradoiro para adultos Filma, revela, edita e proxecta que convida a revisitar "as paisaxes filmadas nos anos sesenta e setenta en Tui polos seus habitantes en formato Súper 8" con novas filmacións en formato 16mm. Pola súa banda, os máis cativos poderán participar en Descubrindo as imaxes, unha actividade na que gravarán "pequenas pelÃculas ao estilo dos irmáns Lumiere: pelÃculas que duran só un minuto, nunha toma única e sen mover nin cambiar nada en cámara, que retratan accións de principio a fin".
Finalmente, o Festival de Cans, que se desenvolverá entre os dÃas 23 e 26 de maio, fechou o prazo de inscrición de curtas cunha nova marca. Un total de 252 pezas fronte ás 235 do pasado ano presentáronse para participar no evento porriñés, con pezas dirixidas por galegos e galegas que, ademais de no paÃs, desenvolven a súa actividade en Madrid, Barcelona, Sevilla, Bilbao, Portugal, Inglaterra, Estados Unidos, Italia ou HungrÃa. En total foron 68 curtametraxes de ficción, 43 de non ficción, 15 de animación e 105 videoclips, ademais, de 21 obras de diferentes formatos.