Xoel López é finalista do Premio IMPALA ao Álbum europeo do Ano

'Sueños y pan' é o único disco da industria independente española entre os 22 candidatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Capa do disco

Capa do disco

Apenas uns días despois de coñecer que Xoel López era o artista galego con máis candidaturas (4) aos Premios MIN da industria independente española, vimos de saber que os seus equivalentes europeos, os premios que concede a asociación europea de compañías musicais independentes IMPALA, tamén recoñecen a excelencia de Sueños y pan (2017, Esmerarte / Altafonte). O disco de López é o único en representación da industria española da produción de 2017. Vinte e dous finalistas de 19 países optan ao Premio ao Álbum Europeo do ano 2017, nunha lista na que o disco de Xoel terá que competir con artistas como os británicos The XX, a neocelandesa Aldous Harding ou o sueco Loney Dear. O gañador decidirase con votacións dos membros de IMPALA e será anunciado a finais de marzo pola asociación con sede en Bruselas.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Esmerarte

Claves

Protagonistas
Entidades