Varios artistas e grupos de música tradicional reuniranse o 11 de marzo no teatro Jofre de Ferrol para celebrar a figura do gaiteiro e artesán Tonecho, un músico clave na difusión da gaita galega. Entre outros, participarán Carlos Núñez, o Real Coro Toxos e Flores, Carlos Beceiro e dous dos grupos musicais vinculados a el: Os cempés e Carlos Beceiro, Óscar Fernández de Os Cempés e Os Raparigos.