Helen Bertels preestrea 'Nimiedades' con Mónica de Nut

A obra poderase ver esta fin de semana na Sala Ingrávida do Porriño

Nimiedades  Foto: Martiño Picallo
Nimiedades Foto: Martiño Picallo
Helen Bertels presenta o seu novo espectáculo Nimiedades esta fin de semana (días 9 e 10) en formato de preestrea na Sala Ingrávida do Porriño (Pontevedra). Nimiedades é un espectáculo baseado no libro Diario de Nimiedades da propia Helen Bertels, que xira ao redor da idea de que a vida é un xogo e que se avanza resolvendo adiviñanzas. Trátase dunha unha peza interpretada e creada por Helen Bertels e a actriz e cantante Mónica de Nut, na que a través de 13 accións escénicas levadas a cabo por eslas dúas darán entrada a un universo feminino. A un mundo afastado e próximo á vez. Un mundo de adiviñanzas, paradoxos, choros e risas. As dúas figuras que poboarán o escenario durante a noite de teatro van atopando as adiviñanzas que lles pertencen e que formarán o camiño polo que se desprazan. Helen Bertels é actriz, creadora, autora e artista alemá, estabelecida en Santiago desde 1999. Durante máis de 10 anos tense dedicado case exclusivamente ás artes escénicas traballando e formándose na compañía Matarile Teatro, o Teatro Galán, o Festival Internacional En Pé de Pedra e o CECC (Centro díEstudis Cinematogràfics de Catalunya). As función comezarán ás 21:30 e as entradas xa están á venda en Ticketea.