Nós, as mulleres

Helen Bertels baila no teatro Ensalle de Vigo o significado de ser muller

| Santiago. Redacción | Seccións: Danza
Compartir:
Nós, as mulleres

É o seu primeiro espectáculo en solitario, no que Helen Bertels pon a bagaxe de toda a súa traxectoria para reflexionar sobre o significado de ser muller. “Poño en escena as cousas que me saíron facéndome esa pregunta, as contradicción, os erros, as dúbidas…” explica Helen, esta alemana afincada en Galicia desde hai xa varios anos.

Imaxe 1
1/3
Imaxe 2
2/3
Wir Frauen
3/3

Wir Frauen (Nós, as mulleres) é o nome dun espectáculo de 50 minutos de danza escénica que se estrea mañá en Vigo (venres 30, 22:00 horas) e condensa varias singularidades alén do meramente artístico. En primeiro lugar, trátase da primeira coprodución de Tía Mardalina, coa que a empresa de distribución que abre unha vía de traballo apoiando a artistas especializados en novas linguaxes escénicas ao encargarse de todos os trámites de xestión e distribución do espectáculo. E, en segundo lugar, é o espectáculo elexido por Verkami (unha páxina web de crowdfunding) que lle permitiu recadar 1.080 euros para financiar esta montaxe que non tivo ningunha axuda económica.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Espectáculo, Teatro, Vigo...

Claves

Entidades
Lugares