Cuarta Xusta debuta con Un novo espertar

O Pub Gatos de Melide acolle a presentación do primeiro álbum do grupo este 10 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Cuarta Xusta debuta con Un novo espertar

Con orixe melidá e composición maioritariamente feminina, Cuarta Xusta presenta na casa o seu primeiro disco. O Pub Gatos acolle este 10 de marzo ás 23:59 horas o primeiro concerto da xira de Un novo espertar. O álbum achega oito temas propios de rock aderezado con violín e toques de ska coa intención de "berrar con música as inxustizas que nos rodean" da man de Aida López (cantante), Marta Sánchez (guitarra e violín), Lúa Aguete (batería), Alberto García (guitarra) e Alba Vilariño (baixo). Canda a eles, unha chea de colaboracións coma as de Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus, algúns dos cales estarán presentes no concerto de inauguración.

O grupo, nado en 2016, prevé continuar a xira presentación nos vindeiros meses con actuacións na Gentalha do Pichel, en Compostela, no Fórum Célticum coruñés, no Kurrala Rock de Ribeira ou na Fundaçom Artábria de Ferrol. O grupo fixo público o tema que dá título ao álbum e mais Un Novo Espertar, no que colabora Jasper de Nao.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Melide, Rock, Nao, Gentalha do Pichel...