O CCG acolle unha xornada sobre dereitos de autor

Pódese seguir en directo a través da rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O Consello da Cultura Galega celebra hoxe unha xornada "Dereitos de autor, lei aplicable e percepción social", que analiza o novo escenario dos dereitos de autor, no ámbito cambiante das novas tecnoloxías. "Trátase dun proceso de transición, non rematado en todos os ámbitos, que nos afecta moi directamente, polo que debemos coñecelo o máis posible para movernos con garantías e aproveitar ao máximo as novas opcións no marco legal vixente", sinalan desde a organización da xornada, que se celebra ao longo do día de hoxe no Consello da Cultura Galega e para o que todas as prazas están cubertas. A xornada conta coa participación de José Ignacio Aguaded, Javier Díaz Noci e Raquel Xalabarder. Pódese seguir en directo no web do CCG.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)