Eduardo Estévez integra música, poesía e banda deseñada en De baleas

O proxecto visita esta semana Lugo en plena xira de presentación

29/1/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: litraturabanda deseñada
39 lecturas | Compartido 0 veces

De baleas, o último poemario de Eduardo Estévez, transcende a literatura e preséntase como un produto transmedia no que colaboran diferentes creadores. O volume, editado por Caldeirón, integra canda aos textos do poeta unha banda deseñada de Tokio sobre dous poemas da obra. Ademais, un CD mestura cantos de baleas con once temas creados por músicos como Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz. O autor atópase en plena xira de presentación deste traballo, e visitará Lugo este día 31. Ferrol, Sarria, Outes e Padrón son outras das paradas previstas neste itinerario.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
5 lugares identificados