O ano 2018 comeza a consolidar a presenza do audiovisual galego en diferentes citas internacionais. Entre as máis destacadas, a presenza da curtametraxe Matria de Álvaro Gago no prestixioso festival americano Sundance. A peza, que se comezou a emitir sábado e que se pode ver ata este xoves 25, fai parte do programa Shorts Program 5. Pola súa banda, o debuxante e director Alberto Vázquez protagoniza en Escocia a fin de semana dedicado á animación do encontro escocés CinemaAttic. Unha clase maxistral o día 26 e unha exposición sobre os seus traballos que se poderá ver do 28 de xaneiro ao 4 de febreiro son as propostas arredor do creador galego.
Precisamente a curta Decorado de Vázquez, opta ao Premio Quirino á Mellor Curtametraxe de Animación Iberoamericana. Aos mesmos premios, na categoría de Mellor Deseño de Son e Música Orixinal de Obra de Animación, está nomeada a curtametraxe The neverending wall de Silvia Carpizo, con banda sonora de Nani García. Os galardóns entregaranse en Tenerife o vindeiro 7 de abril.
No 12h Months Film Festival compite o filme Historias de un viejo camionero que dirixe o coruñés Fernando Fernández. Os interesados poden votar produción, que percorre o traballo de catro condutores, no web deste evento. O fallo coñecerase en febreiro.
Pola súa banda, o actor asturiano asentado en Ferrol Javier Gutiérrez conseguiu onte dous galardóns nos Premios Feroz de cine e televisión. Gutiérrez fíxose co premio ao de mellor actor de drama por El autor e o de mellor actor de comedia de televisión por Vergüenza.