A revista Encrucillada celebra o seu 40 aniversario na RAG

Presenta unha monografía sobre o Día das Letras Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A revista Encrucillada, unha das revistas culturais máis sobranceiras do país, cumpre corenta anos. Foi creada en febreiro de 1977 desde o núcleo do galeguismo cristián baixo a dirección de Andrés Torres Queiruga, e editada desde entón vinculando galeguismo e cristianismo. Actualmente está dirixida polo teólogo Pedro Castelao. Agora, a revista cumpre corenta anos e celebrarao o 19 de xaneiro ás 19.30 horas na Real Academia Galega, nun acto no que presentarán a monografía As letras galegas na encrucillada.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Un Grial de papel

Un Grial de papel

A decana das revistas culturais galegas cumpre cincuenta anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Andrés Torres Queiruga, Castelao, Real Academia Galega