Roberto Oliveira achega Arxentina e Galicia no seu novo disco

O percusionista propón nove temas en Diáspora. Novas músicas de aquí e de acolá

Coa emigración galega a Arxentina como eixe e a integrar colaboracións dos dous países, o percusionista Roberto Oliveira acaba de presentar Diáspora. Novas músicas de aquí e de acolá. O álbum publicado por Sonaxe achega nove temas con duracións de entre 4 e 14 minutos, no que a percusión tradicional e a electrónica se mesturan. Os compositores arxentinos Jorge Variego, Carlos Passeggi, Sergio Fidemraizer e os galegos Andrés Álvarez, Rubén Vizcaino e Antón Alcalde participaron no desenvolvemento do proxecto. Oliveira está a presentar ao vivo o seu álbum a integrar coa música proxeccións audiovisuais sincronizadas, no que o artista define como "unha experiencia multisensitiva".