Nace o I Premio María Victoria Moreno

Xerais publica un cartel sobre a autora con imaxe de Fino Lorenzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Nace o I Premio María Victoria Moreno

O Concello de Pontevedra e mais Urco Editora presentaron onte a convocatoria da I Edición do Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. O novo certame, dotado con 4.000 euros e a publicación da obra da man de Urco, fallarase durante a celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, e está aberto a textos cunha extensión máxima de 250.000 caracteres. Con esta iniciativa as entidades organizadoras queren homenaxear a autora á que se lle dedica o Día das Letras neste 2018. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.

En paralelo, Edicións Xerais anunciou a edición dun cartel dedicado a autora. O pintor Fino Lorenzo corre coa representación de María Victoria Moreno nun traballo que recolle tamén as obras da homanexeada que están publicadas por esta editorial.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Literatura, Urco Editora, Concello de Pontevedra...