Carolina del Olmo, autora do coñecido libro ¿Dónde está mi tribu? Maternidad y crianza en una sociedad individualista abrirá o vindeiro 27 de xaneiro a sexta edición do ciclo de cultura contemporánea Nexos. A Cidade da Cultura, en Compostela, acollerá as cinco sesións desta xeira, que abordará cuestións do máis variado. Deste xeito, o 24 febreiro serán o director de cinema e ilustrador Alberto Vázquez e mais o editor e debuxante Manel Cráneo os que aborden as claves da explosión creativa da BD e da animación do paÃs, nunha xornada que contará cun combate de debuxantes.
En marzo, Felipe Criado falará sobre a situación do patrimonio cultural do paÃs e das súas potencialidades, mentres en abril será a quenda de Gema MartÃn Muñoz, quen fará unha achega á actualidade do mundo árabe e musulmán. O feche desta xeira estará a cargo de Teresa Salgueiro, coñecida por ter sido a voz de Madredeus, quen falará sobre a evolución da música popular portuguesa.
Como é habitual o ciclo contará cunha sección dedicada aos máis cativos e, no campo artÃstico, integrará producións propias que inclúen unha performance de Espazo Aberto, un monólogo cómico de Carlos Meixide, un espectáculo sonoro e visual de Nenoescuro e unha actuación sorpresa como peche do ciclo de 2018.