En consideración á importante relación que Carlos Casares mantivo coa actividade literaria estatal durante a súa vida- continuada despois pola Fundación Casares tra-la súa morte- o Instituto Cervantes organizou onte un acto de homenaxe ao escritor enmarcado na celebración da súa figura no Día das letras galegas deste ano. O Cervantes recoñece en Casares, un dos autores de referencia da narrativa galega do século XX, así como a diversidade da súa actividade como escritor, profesor e dinamizador de proxectos de gran relevancia para a cultura galega, e a difusión exterior da literatura galega. Esta homenaxe considérase como o peche á celebración das Letras galegas 2017. O acto, promovido pola Xunta, celebrouse nas dependencias centrais do Instituto Cervantes en Madrid e reuniu un importante número de personalidades do sector cultural e político. Nél tomaron a palabra o director da institución, Juan Manuel Bonet; a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o director da Real Academia española, Darío Villar; o secretario da real Academia Galega, Henrique Monteagudo e o fillo do escritor e membro da Fundación Casares, Hakan Casares. Durante o acto os músicos Emilio Rúa e Rosa Cedrón interpretaron unha peza escrita para a ocasión.
A homenaxe a Casares no Cervantes de Madrid pecha o ano de actividades
O acto promovido pola Xunta reuniu a políticos, artistas, académicos e familiares
28 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universo
Explora o Universo
Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego
Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas

