Consolidan o castelo da Lúa en Rianxo

Conta cun orzamento de 200.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Consolidan o castelo da Lúa en Rianxo

O Castelo da Lúa, un sobranceiro castelo medieval na ribeira de Rianxo, está a ser recuperado a partir da consolidación das estruturas que fican. Elementos como a torre de homenaxe, o forno e dependencias anexas. O proxecto conta cun orzamento de máis de 200.000 euros achegadas por AGADER e o concello de Rianxo, e contempla o levantamento de parte da torre de homenaxe. O castelo estivo vinculado ao almirante Paio Gómes Chariño e recuperará material pétreo localizado en anteriores intervencións. Como curiosidade, o canteiro que está a participar na recuperación empregará marcas actuais (coma o signo do wifi) para diferenciar a parte conservada das novas pezas de canteiría incorporadas.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Torre, Concello de Rianxo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares