Galaxia publica o integral do Tonecho de Xaquín Marín

Beatriz Rodríguez Gregores fíxose co premio Xuventude Crea de Banda Deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Galaxia publica o integral do Tonecho de Xaquín Marín

A totalidade das páxinas da serie Tonecho, que Xaquín Marín creou e debuxou para as diferentes etapas da extinta revista Golfiño verán a luz nun volume recompilatorio. A Editorial Galaxia tira do prelo esta obra de 115 páxinas a toda cor na que se repasan as aventuras deste cativo que transporta o ollar lúcido do autor sobre a realidade.

Ao tempo, a Consellaría de Xuventude deu a coñecer o fallo do certame Xuventude Crea na categoría de Banda Deseñada. A estudante de Belas Artes Beatriz Rodríguez foi a vencedora na nova edición co seu traballo Ellipsism, que lle reportará un galardón de 3.000 euros. Zaida Novoa González, con Noite meiga obtivo o segundo premio, cunha dotación de 1.500 euros e Uxía Larrosa Villanueva quedou terceira coa obra O outro lado da auga que lle reportará 1.000 euros. Esta é a primeira ocasión na que o palmarés do premio está composto integramente por mulleres.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xaquín Marín, Xaquín Marín, Marín, Xuventude...