Ver como traballa unha alfareira nun poboado prehistórico, escoitar a uns galaicos no interior dunha cabana dun castro, introducirse no mundo das cantigas de Santa María ou presenciar unha vella lenda medieval son algunhas das posibilidades de A Máquina do Tempo, unha espectacular app para teléfonos móbiles que hoxe presentou o Consello da Cultura Galega.
A Máquina do Tempo é unha app gratuíta, dispoñible para as principais plataformas móbiles que pon en valor o patrimonio moble de Galicia dun xeito innovador. A Máquina do Tempo combina dúas tecnoloxías emerxentes: a realidade aumentada e a realidade virtual. A realidade virtual permítelle ao usuario explorar a través do seu teléfono e en calquera lugar importantes pezas custodiadas nas institucións de memoria de Galicia. A realidade virtual, a través dunhas gafas especiais, permítelle simular unha viaxe no tempo ata a época na que eses obxectos eran empregados, experimentando espazos, persoas e sons do momento. A app foi desenvolvida polo Consello da Cultura Galega baixo a dirección de Manuel Gago.
Cinco períodos históricos
A app ofrece a posibilidade de explorar cinco obxectos de cinco períodos históricos distintos, custodiados en diferentes centros de memoria de Galicia. O vaso campaniforme de Vilavella (Universidade de Santiago de Compostela) lévanos á Prehistoria; o bronce votivo (Museo de Pontevedra) introdúcenos no mundo da relixiosidade da Idade do Ferro; o báculo e o anel do bispo Gonzalo (San Martiño de Mondoñedo) permítenos recrear unha coñecida lenda medieval que relata como este bispo destruíu unha armada pirata; a Virxe Abrideira de Allariz (Museo de Santa Clara de Allariz) trasládanos ao mundo das Cantigas de Santa María e o cartafol de documentos lévanos á Galicia da Ilustración, onde seguimos Vicente Álvarez de Neira polos sotos do Arquivo do Reino de Galicia na procura dun curioso documento.
Un complexo traballo de produción
O desenvolvemento da app A Máquina do Tempo levou máis dun ano e involucrou un equipo de máis de vinte persoas de diferentes ámbitos, desde especialistas en diferentes periodos históricos ata programadores, deseñadores, dixitalizadores de patrimonio ou dobradores.
A recreación de todas as épocas seguiu un coidadoso proceso de documentación e de recreación, e durante as vindeiras semanas iranse explicando en reportaxes como foi construída a ambientación de cada unha das épocas.
Un experimento educativo
O Consello da Cultura Galega está a desenvolver esta potente ferramenta no ámbito educativo, onde considera que pode ter un gran potencial para conectar aos estudantes coa cultura e a Historia de Galicia. Iniciouse un programa experimental con profesores de ensino secundario de Galicia de diferentes áreas e ámbitos (rural e urbano, norte e sur de Galicia) para implicar aos rapaces e rapazas no uso da Máquina do Tempo e na creación de novos contidos, fomentado a súa participación no futuro da app.
URL DO WEB OFICIAL:
http://consellodacultura.gal/maquina-do-tempo.php
DESCARGA PARA ANDROID:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.primate.maquinadotempo&hl=es
DESCARGA PARA IPHONE:
https://itunes.apple.com/us/app/a-m%C3%A1quina-do-tempo/id1310487103?l=es&ls=1&mt=8