O VI Premio de Poesía Leiras Pulpeiro, que convoca anualmente o Concello de Mondoñedo co apoio da Deputación de Lugo, foi para Lorena Souto. A autora do Páramo impúxose entre o cento de orixinais presentados ao certame con Coleópteros e levará os 1.500 euros do primeiro premio. Canda a a ela, o xurado seleccionou tamén os traballos Álbum, de Emilio Salgado Freire, para o segundo premio mentres Xosé Ramón Sánchez Varela obtivo o terceiro posto con Queiroas. Armando Requeixo, Áurea Ramil e Xosé María Felpeto, con Gil Ares como secretario, foron os responsables da escolla. A entrega do premio celebraráse o sábado 25 de novembro na Casa do Concello.
Pola súa banda, a tradución que fixo Craig Patterson da novela A Veiga era un tempo distinto, de Eva Moreda, acaba de ser recoñecida pon English PEN. A sección de traducións desta organización inclúe a versión da obra galega na súa listaxe de quince libros vertidos ao inglés que destacan pola "calidade literaria sobresaínte, forza do proxecto editorial e contribución á diversidade literaria no Reino Unido".