Xosé Monteagudo gaña o 23 Premio San Clemente por 'Todo canto fomos'

Os estudantes premian tamén a 'Patria' de Aramburu e a 'Morir en primavera' de Ralf Rothmann

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedade
Compartir:
Capa do libro de Xosé Monteagudo

Capa do libro de Xosé Monteagudo

Todo canto fomos (Ed. Galaxia), de Xosé Monteagudo, Patria(Tusquets editores), de Fernando Aramburu e Morir en primavera(Libros del Asteroide), de Ralf Rothmann son as obras gañadoras da 23ª edición dos Premios San Clemente. A decisión do xuvenil xurado desvelouse esta mañá no IES Rosalía de Castro de Santiago onde naceron estes galardóns nos que estudantes de educación secundaria elixen as tres mellores novelas do pasado ano das literaturas galega, española e estranxeira. Actualmente o xurado segue a estar composto polos estudantes adolescentes pero xa non ´so deste centro ou doutros da cidade senón que a eles engádense estudantes doutros centros de ensino do resto de Galicia, Inglaterra, Francia, Alemania, Portugal e Rusia. Os lectores xuvenís optaron finalmente por estas obras polo feito de ter abordado temas que marcaron a historia do século XX d España e do resto do continente, como a ditadura, a represión, o terrorismo ou a Guerra Mundial.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Monteagudo, Rosalía de Castro, Secundaria, Editores...