Como tantas outras accións culturais neste momento, o Premio San Clemente de literatura tamén volve á normalidade tras dous anos de pausa. A organización deste certame recoñecido por ser os estudantes de instituto os que deciden finalistas e premiados, ven de dar a coñecer a lista de libros que optan ao seu recoñecementos nas tres categorÃas por idioma: galego; castelán, outros idiomas. Impulsado desde as súas orixes polo IES Rosalia de Castro de Santiago o certame xa fai tempo que superou os lÃmites dese centro e da súa contorna máis próxima para chegar a estudantes de outras vilas e mesmo de outros paÃses. Este ano serán estudantes de seis institutos galegos, un madrileño e catro de Francia, Alemania, Portugal e Chicago (EE:UU) os que decidirán os gañadores. Ademais do RosalÃa de Castro de Santiago, participarán alumnado do IES Pontepedriña, tamén da capital galega; o IES Xulián Magariños (Negreiros), IES Vilar Ponte (Lugo), IES Pintor Colmeiro (Silleda), e o Ferro Couselo (Ourense).
Nesta ocasión, segundo un criterio temático para esta edición, competirán obras que xiran en torno á memoria, a familia, a historia ou o realismo máxico. Na categorÃa de finalistas en lingua galega constan as obras 'Virtudes (e misterios)' (Galaxia), de Xesús Fraga; 'Illa decepción' (Galaxia), de Berta Dávila, e 'Flores de ferro', de MarÃa Rei Vilas. En lingua castelá competirán as novelas 'Donde cantan las ballenas' (Lumen), de Sara Jaramillo Klinder; Rewind (Anagrama), de Juan Tallón; e 'El tercer paÃs' (Lumen), de Karina Sainz Borgo, que aborda el drama de la emigración. As obras escritas en lingua estranxeira no orixinal entre as que os estudantes decidirán son: 'El paÃs de los otros' (Cabaret Voltaire), de Leila Slimani; 'La escritora' (Alfaguara), de Audur Ava Ólafsdóttir; e 'Los chicos de la Nickel' (Radom House), de Colson Whitehead. Está previsto que o fallo se produza en outubro..