O Centro Marcos Valcárcel de Ourense acolle esta tarde a primeira das xornadas dedicadas a Carlos Casares coas que rematan os actos de conmemoración do autor polo DÃa das Letras Galegas. A Real Academia Galega e a Fundación Casares organizan este encontro, que terá continuidade o 9 de novembro na Casa Galega da Cultura de Vigo. A vindeira semana un simposio coorganizado pola RAG e o Consello da Cultura Galega completará as citas de reflexión sobre o autor neste final de 2017. Baixo o lema Casares en Ourense, Ourense en Casares, unha mesa redonda coa participación de Maribel Outeiriño, LuÃs González Tosar e Xosé Manuel Salgado centra os actos previstos para hoxe. Canda a eles, Bieito Iglesias impartirá a conferencia Casares e o pensamento solar.
Na sesión viguesa, e baixo o epÃgrafe Casares editor serán Manuel Bragado, Xosé Manuel Soutullo e Francisco Xavier SenÃn os relatores da mesa redonda, mentres Xesús Alonso Montero falará sobre A etapa marxistizante e guevarista de Carlos Casares (1965-1969). Nos dous casos o presidente da Fundación Casares, Francisco X. Casares Mouriño e mais o presidente da RAG, VÃctor Freixanes, serán os responsables de presentar os actos.
En paralelo a estes actos, o Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades presentaba onte o número trinta e sete dos Cadernos Ramón Piñeiro, dedicado integramente a Carlos Casares. O volume, co lema Carlos Casares: homenaxe. De amicitia recolle contribucións de medo cento de autores e autoras sobre o escritor, asà como 46 cartas da correspondencia que Casares mantivo co propio Ramón Piñeiro, que amosan a intensa relación entre os dous intelectuais.