Valentín Caamaño homenaxea a Grant Green no seu novo disco

A Casa das Crechas acolle hoxe a presentación de Green with Envy

Un concerto na compostelá Casa das Crechas serve esta noite a partir das 22 horas de presentación para Green with envy, o segundo traballo de Valentín Caamaño Trío. A formación, na que o guitarrista se acompaña da batería Andrés Rivas e do contrabaixo de Juyma Estévez, rende homenaxe ao guitarrista Gran Green a través de oito temas nos que se mesturan composicións deste músico con clásicos da tradición blues americana. Swing, hardbop, blues e mesmo gospel danse cita no álbum, publicado da man de FreeCode Jazz Records.