Creo que son unha supervivente de moitos naufraxios. Así se autodefine a arquitecta Pascuala Campos de Michelena. Unha muller pioneira na arquitectura e no feminismo no noso país e protagonista absoluta da xornada que hoxe xoves organiza a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (CCG).
Na traxectoria de Pascuala Campos, vida persoal e profesional van xuntas e resulta imposible separalas. Vexo diferentes etapas que, reflexionando, están cohesionadas porque sempre quixen saber que estaba pasando e porque sempre busco verdades que están debaixo do que parece, afirma esta muller que foi a primeira catedrática de Proxectos Arquitectónicos das escolas de arquitectura españolas.
As vivendas para unha comunidade de xitanos en Campañó (Poio), o mercado e lonxa municipais de Bueu, o concello de Forcarei, a igrexa de Sabucedo e a súa contorna ou a escola de Formación pesqueira en Arousa son algunhas das edificacións asinadas por Pascuala Campos. Pero no seu currículo hai tamén un forte compromiso. Pascuala forma parte do conxunto de mulleres que, desde os anos 70, traballan e reflexionan sobre a arquitectura construída, introducen a perspectiva feminista, analizan en clave de xénero os lugares que habitamos. Pascuala naceu en Xaén pero leva máis de catro décadas vivindo en Galicia e foi pioneira na incorporación da perspectiva de xénero á docencia neste campo. Participou no Seminario Permanente Mujer y Ciudad, no que codirixiu, entre outros, o curso sobre "Urbanismo y mujer. Nuevas visiones del espacio público y privado".
O programa
Con esta xornada, a Comisión de Igualdade quere recoñecer o labor de Pascuala Campos e con ela o das mulleres que, na arquitectura e no urbanismo, están a suscitar novos campos de reflexión e acción, outros lugares para a vida. Para iso, configurou un programa moi dinámico, onde hai sitio para os relatorios, para as intervencións e para unha conversa entre a xornalista Ana Romaní e a propia Pascuala Campos.
O programa divídese en dúas sesións. A primeira, que ten como título "Sesión científica. Outras arquitecturas, outros corpos", comeza coa participación das arquitectas Amparo Casares e Ana Gallego, que reflexionarán se a recreación do espazo se pode considerar un compromiso feminista. Despois, a crítica e comisaria Chus Martínez Domínguez presentará o Espazo Intervido, unha mostra que documenta o traballo da autora e que estará no corredor do Consello da Cultura Galega. É a propia Chus Martínez a encargada de moderar a seguinte mesa, na que se falará de feminismos, espazo público, paisaxe, arquitectura e do perfil especial de Pascuala Campos.
A segunda sesión chámase "Memoria. Espazos construídos" e centrarase máis na figura de Pascuala. Mariám Mariño presentará, como é habitual neste tipo de xornada, a cartografía da homenaxeada. A cartografía é unha sección do Álbum de mulleres que contén información ampla e documentada sobre a autora á que se lle dedica a xornada anual da Comisión de Igualdade. Cada cartografía inclúe fotografías, publicacións, ligazóns, biografía, cronoloxía e abondosa documentación.
Despois chegará o momento das voces en primeira persoa. Primeiro a da propia Pascuala Campos, da man da xornalista Ana Romaní. E, despois, as de Carmen Blanco, Lola Feltres, Marise Lasaosa e Luísa Portigo, que falarán das súas memorias e experiencias con Pascuala. A xornada pecha cunha sesión de teatro espontáneo que conduce a propia Pascuala Campos de Michelena.