O Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) ven de decidir outorgar o Premio Traxectoria Profesional da XX edición dos Premios COAG de Arquitectura á arquitecta Pascuala Campos de Michelena (Sabiote, Jaén, 1938). A Xunta de Goberno do COAG decantouse para o seu recoñecemento honorÃfico por esta xienense cuxa vida e carreira como arquitecta están ligadas á cidade de Pontevedra e que en 1995 converteuse na primeira catedrática de proxectos arquitectónicos da Universidade da Coruña e é a primeira muller que obtén este tÃtulo no conxunto das universidades de España. Considérase un referente na incorporación da perspectiva de xénero na arquitectura e na docencia logrando inspirar a outras mulleres arquitectas. O acto público de entrega de premios celebrarase o 18 de marzo na Fábrica de Cerámica de Sargadelos en Cervo, na provincia de Lugo.
Pascuala Campos de Michelena estudou en Madrid, aÃnda que obtivo o tÃtulo de Arquitecta en Barcelona, onde acabou doutorándose en 1968. A partir de 1965 na arquitectura en Galicia aparece unha nova ola de mozos arquitectos con novas ideas: Manuel Gallego, Javier Suances, Rafael Baltar Tojo, José Antonio Bartolomé Argüelles e o equipo formado por César Portela e Pascuala Campos. "Trátase dunha xeración que conforma o identificado como rexionalismo crÃtico, entendido como unha actitude fronte á memoria colectiva e un xeito de entender o lugar, o que implica unha renovación da linguaxe arquitectónica baseada nun profundo coñecemento da cultura construtiva local", segundo comunica o COAG. Entre os seus traballos destacados nos que participou como arquitecta están a Escola de Formación Pesqueira (IGAFA) (1990), na Illa de Arousa, en colaboración con Amparo Casares, Federico Garrido, Jaime RodrÃguez Abilleira e Teresa Táboas e a recuperación do Curro de Sabucedo en 1996 en colaboración con Inmaculada Garcés Navarro, entre outros moitos.