A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega nomeou Isabel-Clara Simó como Escritora Galega Universal 2018. O Premio será entregado o 19 de maio de 2018 durante a III Gala do Libro Galego, que se celebrará no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Para a AELG, o recoñecemento a esta escritora catalá baséase "na altÃsima calidade literaria da súa obra, asà como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional dos Països Catalans". Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, LÃdia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer e Hélia Correia.