Arqueólogos investigan tres cistas en perigo na Illa de Arousa

Atópanse na zona intermareal e sometidas a continua degradación

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Foto: Xunta de Galicia

Foto: Xunta de Galicia

Tres cistas (pequenas tumbas) prehistóricas localizadas no oeste da illa de Arousa, na punta de Riasón, están a ser intervidas arqueoloxicamente nestes momentos por iniciativa da Xunta. As tres tumbas atópanse na zona intermareal, é dicir, na praia, sometidas á forte erosión do mar. Trátase de pequenas cistas feitas con lousas de pedra. Os traballos, promovidos pola Dirección Xeral de Patrimonio, durarán 10 días e terán como obxectivo a escavación das estruturas e a busca de materiais na contorna. Os especialistas estiman que as tumbas poden ser do Calcolítico ou da Idade do Bronce.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de Arousa, Idade do Bronce, Dirección Xeral de Patrimonio