Ollos, con texto de Xulio Gutiérrez e ilustracións de Nicolás Fernández, e mais a versión en castelán de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas son as últimas incorporacións galegas á selección internacional White Ravens. Esta listaxe, que elabora cada ano a Internationale Jugendbibliothek (International Youth Library), recolle este ano 200 tÃtulos de 56 páises e está considerada unha referencia mundial sobre obras destinadas ao público máis cativo. A representación galega supón un terzo das seis obras seleccionadas do sistema editorial español.