A AELG propón roteiros literarios pola Coruña, Pontevedra e a súa provincia

Os percorridos exploran cultura, memoria, literatura e antropoloxía

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega está a anunciar un intenso programa de paseos literarios. Tras os roteiros literarios por Compostela anunciados esta semana, é a quenda dos roteiros pola cidade da Coruña, de Pontevedra e tamén da súa provincia. Entre estes roteiros, atópanse, na Coruña, visitas con Xosé Luis Axeitos, María Solar, María Jesús Fernández (sobre Agustín Fernández Paz) ou Xabier P. Docampo. En Pontevedra, participarán Eva Mejuto e Xesús Constenla e na provincia de Pontevedra, con Vítor Vaqueiro, Héitor Mera (sobre Bernardino Graña), Ramón Caride (sobre Ramón Cabanillas) e Xosé Luna (sobre Avelina Valladares).

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito