O festival OUFF abre un foro sobre posprodución e premiará dous proxectos fílmicos

O obxectivo de ÁNCORA é ofrecer asesoramento e favorecer o investimento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
O festival OUFF abre un foro sobre posprodución e premiará dous proxectos fílmicos

Ata o 23 de setembro teñen de prazo cineastas ou produtoras para presentar producións galegas e portuguesas ao Foro de posprodución ÁNCORA do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Este foro que ofrece o OFF por primeiro ano en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e Agadic, terá lugar durante a celebración do festival en 2017, do 20 ao 27 e outubro. O obxectivo de ÁNCORA é ofrecer asesoramento e favorecer o investimento en proxectos cinematográficos nunha fase de produción avanzada, axudándoos a que se completen nas mellores condicións posibles. O OUFF seleccionará de entre todos os solicitantes catro proxectos en total, dos cales un como mínimo será de produción ou direción galega. Tres profesionais do sector formarán parte do comité asesor de ÁNCORA que ofrecerá asesoramento aos/ás cineastas e elexirá dous filmes para os premios que consistirán en acceder a dúas solucións técnicas de posprodución: o Premio Cinemar Fims (premio de posprodución de Son en Cinemar Films valorado en 7.000 €) e o Premio NUMAX (premio de posprodución de imaxe no Laboratorio NUMAX, valorado en 4.000€).

Poden participar filmes de produción galega ou portuguesa que se atopen iniciando a súa fase de posprodución, coa rodaxe xa terminada, ou que estean nun proceso avanzado da mesma. Así mesmo, os/as directores/as galegos/as e portugueses/as que estean desenvolvendo un proxecto, aínda sen contar con produtora nalgún destes dous territorios, poderán tamén presentarse a esta convocatoria.

Todos os interesados e interesadas en participar deben enviar os seus proxectos a ancora@ouff.org ata o próximo 23 de setembro

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, OUFF, Numax, Política Lingüística...