Un simposio conmemorará o bicentenario de Antonio Fernández Morales

A RAG coorganiza este encontro para lembrar este pioneiro bercián do Rexurdimento

12/9/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Ponferrada, Vilafranca do Bierzo e Cacabelos acollerán entre o 15 e o 17 de setembro vindeiros o Simposio do Bicentenario / XI Xornadas de Autor IEB. Antonio Fernández Morales: o cantor do Bierzo. O encontro xorde da colaboración entre a Real Academia Galega, o Instituto de Estudios Bercianos (IEB) e a Comisión Cultural Martín Sarmiento, e pretende homenaxear ao autor dos Ensaios poéticos en dialecto berciano, unha publicación pioneira no emprego do galego que viu a luz en 1861, nos comezos do Rexurdimento do uso literario da nosa lingua. "A filosofía do simposio é precisamente integrar plenamente o discurso poético de Morales a día de hoxe no conxunto de Galicia e da sociedade berciana", segundo explicou o académico correspondente Héctor M. Silveiro na presentación do evento, onte na Coruña.

O encontro servirá para dar a coñecer unha serie de cartas autógrafas que amosan o uso do galego na escrita por parte de Fernández Morales xa no ano 1847. Este material, aínda sen publicar, fará parte da exposición Antonio Fernández Morales e o galego no Bierzo, organizada pola Comisión Cultural Martín Sarmiento, que se inaugurará o sábado 16, ás 13 horas no Claustro de San Nicolás de Vilafranca. do Bierzo.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rexurdimento, Bierzo, Filosofía, Real Academia Galega...