O enxeñeiro Francisco Javier Fernández Davila gaña o Premio de Novela por Entregas

A obra titúlase "A senda de sal"

La Voz de Galicia anunciou o gañador do Premio de Novela por Entregas. Foi o enxeñeiro Francisco Javier Fernández Davila, quen fíxose co galardón coa súa primeira novela, A senda do sal, unha obra ambientada no Vigo da Guerra Civil e II Guerra Mundial, co trasfondo dos dous conflitos bélicos. O premio, promovido polo xornal en colaboración con El Corte Inglés, está dotado con 10.000 euros e a publicación da obra gañadora, que sairá en 31 entregas durante todo o mes de agosto.