O Museo Pedagóxico de Galicia acolleu onte a presentación da obra Os Fíos de Infantil. Innovarte Educación Infantil. A Editorial Galaxia publica este traballo das irmás Ángeles e Isabel Abelleira a partir do seu blog Innovarte que foi xa recoñecidos cos principais premios estatais no campo da pedagoxía, o Francisco Giner de los Ríos e mais o Premio Marta Mata. O libro, publicado orixinalmente en catalán "recolle un conxunto de experiencias con nenos e nenas de segundo ciclo de Educación Infantil e bebe de parte das historias que, desde o ano 2010, levan nutrindo o seu blog conxunto". Segundo explica a editorial, a obra supón "unha decidida aposta holística por unha escola segura de si mesma, pola calidade, pola creatividade, pola vida, pola educación integral, a favor dos nenos e das nenas e, tamén, das súas familias. Unha reflexión e uns recursos froito dunha práctica cotiá continuada, cunha base científica e unha técnica solvente e actual". A obra fora orixinalmente publicada en catalán.