O Festival de Pardiñas chega á súa 38 edición

Celébrase entre o 4 e o 6 de agosto con Davide Salvado entre os nomes máis destacados

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival de Pardiñas chega á súa 38 edición

A Asociación Cultural Xermolos celebra este mes agosto a 38 edición do Festival de Pardiñas, a cita musical que desde hai máis ano se celebra de xeito ininterrompido no noso país. O evento, que se desenvolverá entre o 4 e o 6 de agosto nesta parroquia de Guitiriz, integra ademais a quinta edición do certame de cantos de taberna e a vixésimo cuarta mostra de instrumentos tradicionais e mais a de artesanía. Davide Salvado, Abóbriga, os canadienses Yves Lambert Trio, Os Melidaos, o encontro entre o vasco Kalakan e o portugués Luís Peixoto ou os irlandeses Cúig son algúns dos nomes máis destacados desta xeira, que presentaba onte o seu programa. Fina Casalderrey será a encarregada de dar o pregón daa cita, mentres Antón Corral fará o mesmo na mostra de artesanía.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Davide Salvado, Fina Casalderrey, Portugués, Asociación Cultural Xermolos...

Claves

Conceptos
Lugares