O Festival de Pardiñas cumpre 35 anos

A Quenlla, Niamh ni Charra ou Os Diplomáticos actúan esta fin de semana no encontro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Festival de Pardiñas cumpre 35 anos

Cun obradoiro de batucada e o concurso de cantos de taberna esta tarde bota a andar a XXXV edición do Festival de Pardiñas, en Guitiriz. No entanto, será sábado e domingo cando se desenvolvan o groso das propostas deste veterano evento, con concertos a cargo de A Quenlla, os irlandeses Niamh ni Charra, Guauchos, Trapallada, Radio Cos, Electric Gozarella ou Os Diplomáticos de Monte Alto entre outros. Precisamente Os Diplomáticos realizarán unha charla sobre os vinte anos do Bravú. De xeito paralelo desenvolverase a XXI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional e mais a XXXV Mostra de Artesanía.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bravú, Guitiriz, Obradoiro

Claves

Conceptos