A 'ITGirl rectificada' pon tenda para financiar un espectáculo teatral

ArtesaCía desenvolve novos modelos para financiar a produción de espectáculos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
A 'ITGirl rectificada' pon tenda para financiar un espectáculo teatral

Artesacía defínese como "compañía escénica transmedia", e lévao á práctica. O proxecto "Chola; a ITgirl" comezou cunha webserie promocional, na que a través do humor paródiase o mundo das ITGirls e as blogueiras de tendencias, aplicadas ao rural galego. A Chola gústanlle os rallies, almorza churrasco e bebe o viño en cunca. O espectáculo foi presentado a circuitos profesionais e agora a compañía lanza a tenda Chola&Lola, no que se recollen escenas e frases da protagonista, unha muller moderna no rural galego que aplica como consellos de beleza refráns de toda a vida.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Humor

Claves

Conceptos