O Consello da Cultura Galega e o Centro Pen de Galicia organizan hoxe mércores 14 de xuño ás 18.30 a mesa redonda "Carlos Casares e a proxección exterior da nosa literatura". A actividade, presentada por Dolores Vilavedra e LuÃs G. Tosar, celebrarase no Consello da Cultura Galega e "pretende recuperar o papel que Casares, homenaxeado este ano no DÃa das Letras Galegas, desenvolveu como embaixador da cultura e da nosa literatura". Na mesa participarán as escritoras Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias.
Nela falarase da dobre acción de Casares. Por unha banda, como autor, xa que moitas das súas obras narrativas coñeceron outras linguas; por citar algún exemplo, "Os escuros soños de ClÃo" (1979) foi traducida ao castelán (en 1984 e en 2004), ao italiano (1989) e ao alemán; ou tamén "Vento ferido" (1967), levada ao inglés (2004) ou castelán ao (2010). Pola outra, no seu papel de embaixador da cultura galega, que tamén potenciou como presidente do Consello da Cultura Galega.
Ademais, tamén se exporá a importancia que desempeñaron os Encontros en Verines, a tradicional cita literaria que se produciu na Casona do mesmo nome en Pendueles (Asturias) e na que se reunÃan destacados escritores e crÃticos literarios de toda España para debater sobre un tema común. Unha cita en que Casares estivo moi implicado e na que posteriormente o Consello da Cultura Galega, en colaboración con outros centros como o Instituto Etxepare ou o Institut Ramón Llull, tamén participou.