O catálogo de festivais de verán segue a aumentar ofrecendo máis alternativas para gozar da música e doutros elementos complementarios como a gastronomÃa, a paisaxe e o patrimonio. Tal é o caso de dúas novas propostas que este ano comezan andadura en senllas localidades da costa galega: Vigo e Fisterra. En Vigo a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto veñen de presentar o Vigo Sea Fest “Festival Arvi do Peixe que entre os dÃas 7 e 9 de xullo ofrecerá nos xardÃns de Montero RÃos e a zona portuaria da cidade un amplo programa que comprende numerosas competicións deportivas acuáticas ou de praia, degustacións gastronómicas de cociña de autor, obradoiros de sostibilidade ambiental e concertos con dous escenarios. Miss CafeÃna e Freedonia encabezan o cartel musical do evento, no que tamén actuarán The Soul Jacket, Julián Maeso, Mambo Jambo, Hot Chocolate, Clarence Bekker e Las Lollypops. A nivel gastronómico o festival contará coa participación de 12 chefs que elaborarán receitas cos principais produtos das flotas representadas na Cooperativa de Armadores de Vigo.
Antes da cita de Vigo será en Fisterra onde comezará andadura unha nova proposta de festival entre o 30 de xuño e o 1 de xullo: o Fisterra Blues Experience organizado desde o Concello de Fisterra. Enfocado tamén como unha ferramenta de promoción local este evento promoverá as excelencias desta zona da Costa da Morte a través dunha oferta de gastronomÃa e música cun cartel no que se mesturan artistas internacionais e locais, con obradoiros para toda a familia, viaxes en barco e outras actividades. Os concertos terán lugar en rúas e prazas da vila asà como a bordo de barcos e na zona do porto. O cartel, enfocado claramente aos sons Blues trae ao veterano bluesman americano Leslie Johnson, coñecido como Lazy Lester que xira en españa coa banda Lazy Boots; tamén dos Estados Unidos chega Greg Izor, emerxente harmonicista de blues que actuará acompañado de Iker Piris, lÃder de The Romanticos. O evento servirá para presentar a Fistera Blues House Band, unha formación creada en Madrid expresamente para este evento e presentada na sala Intruso de Madrid o 31 de maio. Está formada por: Fernando Beiztegui (guitarra e voz), Edu Big Hands (guitarra e voz), Emilio Arsuaga (harmónica e voz), Sergio Bárez (baixo) e Pablo Bárez (baterÃa). Ademais outras dúas bandas galegas, a BakinÂ’ Blues Band e Sabela King & The Heartbreakers ofrecerán unha mostra do blues feito na nosa terra.