Un ano despois do seu EP de presentación, os composteláns Atrás Tigre presentan o primeiro álbum de longa duración. Fainos saÃr achega dez temas de pop cheos de guitarras e sintetizadores e letras de lÃrica coidada. Ademais das composicións propias, o disco adapta textos de Estevo Creus e de AnÃbal Núñez, e integra en Este é o rostro tema versos de Olvido GarcÃa Valdés e de Gonzalo Hermo. Os compoñentes habituais do grupo, Pedro Solla (guitarras, xilófono, claves, voz), Olalla Cociña (teclados, voz), Xiana Arias (baixo, voz) e Lois G. CarlÃn (baterÃa) incorporaron para as gravacións no Estudio Terraforma do HÃo a Ibán Pérez (trompeta) e José Ramón Rocha (cello). O disco, que viu a luz da man de Triunvirato o pasado dÃa 20 logo dunha preestrea en Rockdeluxe está dispoñible en plataformas dixitais e nunha tiraxe limitada de 250 copias en vinilo de 12".