I'm Home presenta a Cora Sayers

A cantante pontevedresa lanza o seu primeiro LP

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
I'm Home presenta a Cora Sayers

Unha voz melódica que se achega aos rexistros do rock acompañada por potentes guitarras de aire grunge. Cora Seyers, alter ego da actriz pontevedresa Cora Velasco, preséntase ao público co seu primeiro LP I'm Home. Gravado nos estudios Montealto da Coruña, o álbum achega doce temas en inglés nos que a cantante e guitarrista está acompañada por Nico Lysergic á batería, G. Isanda e Laura Solla ás guitarras e Pedro García ao baixo. A xira de presentación deste traballo, que inclúe concertos eléctricos e en acústico, levará a banda a Lugo (Pub Clavicémbaldo, 3 de febreiro), Oviedo (La Salvaje, 19 de febreiro) e Cangas (Salason, 26 de marzo).

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Oviedo, Cangas, Lugo

Claves

Conceptos