Despois de varios dÃas de frenética actividade cultural e artÃstica tanto audiovisual como musical gastronómica e literaria na aldea de Cans (O Porriño) rematou a 14ª edición do Festival de Curtametraxes coa entrega dos premios decididos tanto polo xurado como da poboación veciña desta singular localidade pontevedresa famosa polo formato agro-glamour do seu festival co que contrasta coa súa referencia internacional de Cannes. As deliberacións do xurado formado por Alfonso Zarauza, Sonia Castelo, Luisa Romeo, César Goldi, Diana Toucedo, José Antonio Quirós e Mara Torres, leváronos a decidir os oito destinatarios dos seus premios, aos que hai que engadir outros dous decididos desde un xurado especÃfico para os 19 videoclips a competición e o Xurado dos Veciños formado por Jesusa Fortes “Susa do Barbado”, Milagros Ramilo, MarÃa RodrÃguez Campos “Maruja da Capilla”, Ramón Areal “Moncho de Perucho” e Sandra Carballo.
A curtametraxe AAVA de Andrea Zapata-Girau levou dous Cans de Pedra ao ser para o xurado a mellor curtametraxe de imaxe real das 16 presentadas a competición e por ter a mellor realización o cal lle supón o Premio CREA. O xurado valorou desta cinta a utilización de recursos fÃlmicos contemporáneos, unha realización arriscada e "unha mirada moi persoal traballando sobre diferentes capas como son a emigración, o exilio e a busca dunha nova definición do concepto de maternidade." Pola súa banda o Xurado dos Veciños optou na súa deliberación por premia a pelÃcula Volant, de Raquel Pérez, baseando a súa escolla "por ter como protagonista a unha muller forte que escolleu o camiño que ela querÃa pese a ser o difÃcil e por tratar un tema actual como a precariedade laboral."
Obras que acumulan galardóns
No palmarés de Cans tamén recibiron premios outras cintas que xa veñen de triunfar en outros certames e festivais e que mesmo foron galardoadas con premios na recente edicións do Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Tal é o caso de Decorado o filme de Alberto Vázquez que venceu na categorÃa de Mellor Curtametraxe de Animación, a mesma pola que xa recolleu un Premio Goya e un Mestre Mateo nos pasados meses. A curtametraxe Einstein-Rosen , de Olga Osorio, premiada en festivais e tamén gañadora na sección de curtametraxes de imaxe real nos Mestre Mateo recolleu en cans outros dous galardóns. Neste caso o xurado outorgoulle o Premio AGAG ao mellor guión e o Premio AISGE á mellor interpretación masculina, que foi compartido polos dous protagonistas,Ricardo de Barreiro e Xulio Abonjo "por ser capaces de manter a coherencia dos personaxes cun longo intervalo de tempo e dar naturalidade á complexidade dos diálogos", segundo a valoración do xurado. Outra coincidencia no palmarés deste ano respecto ao Mestre Mateo foi para o videoclip Restos de un naufragio, da banda de Caldas Igloo e dirixido por Fran X. RodrÃguez, que levou o premio do público nesa categorÃa de videos musicais. O xurado profesional dos videoclips da décimo cuarta edición do Festival de Cans, formado por Manu Viqueira, Marta Gómez, Marta Larralde e Judas Diz, acordou, pola súa banda, outorgar o Premio do Xurado dos Videoclips ao video do tema Mi Re La de Oh! Ayatollah, dirixido por Xaime e Antón Miranda, por conseguir transmitir o espÃrito da canción.
A actriz Arantxa Aranguren recolleu o Can de Pedra pola mellor interpretación feminia grazas ao seu traballo na curtametraxe ao recoñecer o xurado a súa hablidade para "traballar dende a verdade nun rexistro cómico rozando o lÃmite." Pechando o palmarés oficial da edición deste ano o Premio do xurado á mellor banda sonora orixinal, foi para The magic oven unha curtametraxe de animación de Manuel Riveiro, ao conseguir que a peza musical remita ao "clasicismo dos grandes referentes que temos na animación". Para rematar o xurado quixo deixar unha mención especial á cinta Lago sabroso de Borja Santomé, por ser "unha peza merecedora dun impulso pola forza e personalidade única do estilo do autor."
Como sempre o Festival de Cans mantivo o ton festivo e desenfadado que o distingue, recibindo ademais a visita de coñecidas persoas da cultura, músicos, realizadoras, actrices e literatos. O director de cine e guionista Montxo Armendáriz estivo presente esta ano para a cerimonia de presentación da placa co seu nome que se lle dedica no Torreiro das Estrelas. O actor e director Daniel Guzmán, que estreou no festival a pelÃcula que rodou durante a traxedia d Prestige, tamén tivo a honra de poñer unha placa co seu nome no mesmo sitio.Pechouse asà esta décima cuarta edición que tivo este ano que superar os atrancos económicos causados por terse quedado fóra do reparto de axudas da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) por un defecto de forma, situación que despois púidose reconducir parcialmente con un acordo con este organismo público.

DECORADO Trailer from UNIKO on Vimeo.
Einstein-Rosen (Trailer) from Miss Movies on Vimeo.