Quiosco: Pincha nº1

A revista compostelá sobre gastronomía e cultura nace en papel con carácter bimensual

| Santiago. Redacción | Seccións: QuioscoComunicaciónGastronomía
Compartir:
Capa do primeiro número en papel

Capa do primeiro número en papel

O primeiro número da revista Pincha xa está en papel e distribución na comarca de Compostela. A publicación, herdeira do desaparecido magacine Pincha (e) Discos, cubrirá información sobre gastronomía e cultura. Baixo a dirección da xornalista Rebeca Munín o primeiro número ofrece unha entrevista ao chef Jorge Gago; unha reportaxe sobre a base de datos Compostela é música; unha crítica gastronómica do Restaurante Pazo Asador; unha reportaxe sobre os 40 anos do Museo do Pobo Galego e outra sobre o grupo musical Os d’Abaixo ademais dunha extensa axenda de actividades. Alén da revista bimensual en papel de distribución gratuíta a súa páxina en Internet ofrece todas as novas e contidos en continua actualización. O resto do equipo que fai a revista está conformado por Alberto Seoane no deseño e maquetación, a xornalista Ruth Ríos, Jéssica Pintor na redacción e o fotógrafo Iván Barreiro ademais dun nutrido grupo de colaboracións habituais e fixas. A revista se presentará oficialmente o vindeiro mércores nun acto na Sala Riquela de Santiago.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Táboas Nº5

Quiosco: Táboas Nº5

A revista de artes escénicas ofrece un repaso sobre producións e artistas destacados

Quiosco: Benbo

Quiosco: Benbo

A nova revista está especialializada en gastronomía atlántica

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gastronomía, Internet, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela

Claves

Conceptos