O Consello da Cultura Galega presentou a edición conmemorativa do DÃa das Letras Galegas 2017 da obra teatral infantil As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, escrita por Carlos Casares. O Presidente da institución, Ramón Villares, estivo acompañado de Christian Casares, fillo do autor, e de Montse Pena, autora do estudo introdutorio. Villares tamén presentou outras accións conmemorativas do autor, coma o Concerto das Letras que se celebrará en Ourense (16 de maio) e Compostela (18 de maio). Ramón Villares agradeceu a colaboración da familia de Carlos Casares e á fundación por permitir a reedición en edición non venal de As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. O Presidente do CCG sinalou que nesta publicación , ademais da reedición do texto de Casares tamén se acompaña o "libro-obxecto" coas ilustracións orixinais de LuÃs Seoane, algunhas delas pensadas como deseños escenográficos para a representación da estrea da obra, que tivo lugar na primeira Mostra de Teatro de Ribadavia en 1973. A edición tamén inclúe unha introdución a cargo da profesora da USC Montse Pena na que ofrece un estudo que encadra esta obra e ao propio Casares no contexto da literatura infantil e xuvenil de Galicia. A edición non venal, cunha tiraxe de 500 exemplares, distribuirase en bibliotecas e institucións e será o agasallo oficial do Consello neste ano.
Christian Casares, fillo do autor homenaxeado nas Letras Galegas, agradeceu ao CCG a "iniciativa de edición do libro que, Ademais, casa moi ben co gusto do meu pai, como editor, polas edicións moi coidadas. No seu traballo el tamén tentaba conseguir libros cun gran acabado". Christian Casares tamén sinalou que a reprodución especial das láminas de Seoane teñen para a familia "un gran valor sentimental, xa que as orixinais sempre estiveron colgadas na nosa casa nun lugar preferente". Hoxe as orixinais poden verse na exposición itinerante sobre o escritor que promove a Fundación Carlos Casares.
O sentido literario das Laranxas
Montse Pena Presas, autora do estudo introdutorio á obra, sinalou que "Casares non tiña un interese especial na literatura infantil e xuvenil, senón que a vÃa como un espazo ideal para pular pola normalización lingüÃstica e como un espazo que a el lle permitÃa xogar, ser irreverente, ser esaxerado e dalgunha maneira conectar coa súa mirada de neno". Para Pena, as primeiras obras infantÃs "teñen un pouso social importante, que pode parecer sorprendente nun principio pero que é evidente cando se analizan os sÃmbolos que aparecen na obra. Un eslogan que sacamos a obra infantil de casares é que a fantasÃa é unha arma de rebelión masiva, quizais para levarnos cara á tolerancia. Unha tolerancia que el practicaba continuamente". Montse Pena achega un importante traballo feito con materiais inéditos fundamentais para entender que esta obra marca un fito ao "renovar o teatro infantil galego"
Concerto das Letras 2017
O acto tamén valeu para presentar o Concerto das letras 2017 que, este ano, como principal novidade se celebrará en dúas cidades: en Ourense o dÃa 16 de maio (Auditorio Municipal) e en Compostela o dÃa 18 de maio (Auditorio de Galicia). O concerto, organizado polo Consello da Cultura Galega, contará coa Real FilharmonÃa de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave, que actuará co Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia coa dirección de Daniel GarcÃa Artés. O programa do concerto contará con pezas de Pascual Veiga, Xoán Montes, Granados, e a estrea absoluta da peza A formiga, con letra de Carlos Casares, e música de Rubén VizcaÃno, Ademais dunha selección da Cantata das Cantigas, con letra de Ramón Cabanillas e música de Rogelio Groba. Nos dous casos, a entrada é libre e gratuÃta ata completar a capacidade da sala. As entradas estarán a disposición do público no despacho de billetes dos auditorios o propio dÃa do concerto a partir das 18 horas.