Unha exposición repasa a BD galega actual na Coruña

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga acolle hoxe a inauguración da mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
Unha exposición repasa a BD galega actual na Coruña

Traballos de sesenta e oito autores actuais para facer un repaso pola situación da banda deseñada galega. Esta é a proposta que acolle, a partir das 20 horas desta tarde a Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña co título Panorama da BD galega 2016. O ilustrador Jano comisaria un proxecto que recolle o testemuño das exposicións colectivas que se desenvolven de xeito habitual no Salón Viñetas desde o Atlántico e que, por vez primeira se separa deste evento e acada magnitude independente. A exposición, coordinada desde o Concello, achega dúas obras orixinais de cada un dos participantes e pretende, segundo sinala a organización, reivindicar "o importante número de creadoras e creadores de historietas que se está a dar na actualidade, na que conviven debuxantes de longa traxectoria e artistas emerxentes que están a realizar as súas primeiras publicacións". A mostra inclúe por vez primeira a edición cun catálogo específico e pode visitarse ata o vindeiro 4 de xuño en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Casa da Cultura, Banda deseñada, Viñetas desde o Atlántico...