O Festiletras celebra 35 anos a ampliar o seu programa

Ramón Villares, Marcos Pereiro, Xosé Touriñán, Uxía Senlle, Concha Blanco e a Fundación Barrié recollerán os premos Bos e Xenerosos

A festa coa que cada ano a aldea do Couto celebra o Día das Letras Galegas en Ponteceso, o Festiletras, fai neste 2017 35 anos e continúa a medrar. A Asociación Monte Branco e a Fundación Pondal, impulsoras da iniciativa, preparan un total de 35 actos para celebrar este aniversario. Concertos de Ses, Uxía, De Vacas, Guadi Galego ou João Afonso fan parte dun programa que tamén conta con Carlos Blanco, Fran Rei, Cê Orquestra Pantasma, Marcos Pereiro ou Mini e Mero. Cantos de taberna, teatro, feira de artesanía ou obradoiros de baile tradicional enchen de actividades o lugar entre os días 14 e 16 de maio. Entre as actividades, un recital poético colectivo no de 35 persoas, entre eles poetas recoñecidos, recitarán cadanseu poemas dos 35 autores que se teñen homenaxeado desde o comezo desta celebración.

No marco do Festiletras entregaranse os premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pontal. Ramón Villares, Marcos Pereiro e Xosé Touriñán, Concha Blanco, Uxía Senlle e a Fundación Barrié son os homenaxeados nesta ocasión polo seu traballo a prol da cultura do país e do seu espallamento. O acto servirá de apertura para o festival o a o domingo 14 de maio ás 12.15 da mañá.