A editorial Galaxia segue achegando nova oferta editorial á descuberta do autor Carlos Casares (Ourense 1941- Vigo, 2002) a quen se dedica este ano o Día das Letras galegas. Agora ven de sacar do prelo un volume dedicado ao xénero de ensaio e que baixo o título O expreso da literatura inclúe dezaseis textos datados entre 1997 e 2002, o derradeiro dos cales corresponde a unha conferencia pronunciada o 28 de febreiro de 2002, apenas dez días antes do seu pasamento. O libro, que conta coa edición e introdución a carga de Henrique Monteagudo, ábrese co artigo inédito De Lisboa a Berlín, pasando por Moscova. Crónica sentimental. O libro de 240 páxina reúne artigos e conferencias sobre escritores como Albert Camus, Castelao, Ánxel Fole, Torrente Balelster, Valle-Inclán e Brice Echenique. Tamén reflexións sobre as tertulias en Pontevedra, as cidades de Vigo e Ourense, e sobre o pasado e o futuro do idioma galego. Algúns destes textos foron traducidos agora do castelán como o escrito sobre Valle-Inclán. O editor e prologuista califica estes escritos como ensaios narrados dacordo coas aseveración do desaparecido Casares que dicía: Se me piden que fale de algo, que dea unha opinión ou exprese unha idea, dunha maneira espontánea póñome a contar.
En Ourense , cidade da que Carlos Casares foi nomeado fillo predilecto, inaugúrase estes días o percorrido da mostra Os mundos de Carlos Casares, a exposición central organizada pola Fundación Carlos Casares e que despois formará parte dun museo do escritor en Xinzo. Integrada por materiais audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos, a mostra visitará varias cidades galegas durante todo o 2017, ofrecendo ademais actividades complementarias para dar a coñecer mellor a figura do autor. Comisariada por Gustavo Adolfo Garrido (secretario da Fundación) e Chus Martínez Domínguez, a exposición reestrutura e amplía outra mostra que se puido ver en varios puntos de Galicia entre os anos 2003 e 2012. A nova proposta cun deseño expositivo feito polo estudo coruñés Creus e Carrasco, especializado en exposicións de gran formato. Ourense tamén acollerá un concerto da Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas. O Concerto das Letras, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello, Consorcio de Santiago e Consorcio para a Promoción da Música, realizarase no Auditorio de Ourense o día 16 de maio.