O arquivo da Real Sociedade Económica Amigos do País chega á rede

O novo web recolle 160.000 documentos sobre economía dos séculos XIX e XX

Anuncio de máquina sementadora nunha publicación de 1865. Fonte: RSEAPS
Anuncio de máquina sementadora nunha publicación de 1865. Fonte: RSEAPS
Boa parte dos principais testemuños escritos sobre a vida económica galega do século XIX e XX están custodiados nos arquivos da Real Sociedade Económica Amigos do País de Santiago. Desde onte, este material está dispoñible de xeito libre na rede mercé á colaboración entre esta entidade e a Fundación Barrié. O web que presentaron as dúas institucións alberga o arquivo dixitalizado dos Amigos do País, a incluír máis de 160.000 documentos, moitos deles manuscritos, canda a numerosas publicacións periódicas do século XIX e comezos do XX. Entre o patrimonio que agora salta ao formato dixital inclúense informes contemporáneos sobre cuestións como a chegada do ferrocarril a Galicia, a emigración, o agro ou os conflitos pola introdución de novas artes de pesca e da instalación de industriais cataláns neste sector. O proxecto de dixitalización e publicación do web contou cun investimento de 110.000 euros por parte da Fundación Barrié.