Por segundo ano consecutivo a localidade lucense de Sarria acolle os novos valores creativos do cine galego. O formato reduciuse de tres dÃas a un respecto ao pasado ano e taméns proxeccións. O vindeiro sábado 18 de marzo celebrarase a 2ª Escolma de Cine Galego e proxectaranse algunhas das produción recentes máis aclamadas e celebradas do audiovisual feito por novos creadores. E estarán complementadas con coloquios con algúns destes realizadores. O documental Os dÃas afogados abrirá a xornada no local da Sociedad Cultura La Unión, tras do cal haberá unha conversa con Luis Avilés Baquero, Cesar Souto Vilanova e Ivan Patiño Alvarez. Nesta obra que conta cun extenso palmarés de galardóns en festivais e e certames narran con material de arquivo os últimos dÃas dunha aldea que quedou baixo as augas pola construción dun encoro no ano 92. Seguirálle outro documental, o que asina Alfonso Zarauza sobre as vicisitudes da compañÃa teatral compostelá Chévere, A viaxe dos Chévere proxetarase na casa da Cultura e posteriormente haberá un coloqui coa director e co actor Miguel de Lira. No Cow on the Ice, un filme documental rodado durante unha estadÃa en Noruega por Eloy DomÃnguez foi vencedor no XII Festival Play-Doc de Tui e tamén na mostra Cinespaña de Toulouse, á súa proxección seguirá unha conversa co realizador. A ficción pechará esta xornada coa obra aclamada pola crÃtica de Cannes Mimosas, de Óliver Laxe, premiado como mellor director pola cinta nos recentes premios Mestre Mateo. Laxe non estará nesta ocasión. A entrada é de balde.
A Viaxe Dos Chévere from Fernando Alfonsin on Vimeo.
INGEN KO PÅ ISEN - NO COW ON THE ICE (Trailer) from Eloy DomÃnguez Serén on Vimeo.
MIMOSAS tráiler (subs español) from Zeitun Films on Vimeo.