A Real Academia Galega de Ciencias nomeou a Baltasar Merino como científico galego 2017. O padre Merino foi un xesuita radicado na Guarda que abordou cuestións metereolóxicas e un monumental catálogo da flora do país, recollendo e clasificando taxonomicamente toda a botánica galega. Publicouno na "Flora descriptiva e ilustrada de Galicia", contendo un total de 1845 especies. Están previstas actividades de difusión da obra de Merino ao longo de todo o ano.