Vimianzo organiza unha xornada informativa para propietarios de fincas con monumentos megalíticos

Trátase de dar a coñecer o seu sentido e as normas legais que os protexen

3/3/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Non é nada habitual que un concello galego organize unha xornada como esta, nin que os propietarios de patrimonio arqueolóxico poidan dispor de xornadas específicas para eles. Será hoxe, venres, ás 20.30 h. na Casa da Cultura de Vimianzo, onde o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Carrera explicará o sentido dos megalitos e mámoas e informará aos veciños sobre as normativas, a Lei de Patrimonio, que poden facer e non facer neses terreos e cal é o réxime de sancións no caso de alterar ou danar o monumento.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimianzo, Lei de Patrimonio, Casa da Cultura, Universidade de Vigo...