O Salto súmase ás cabeceiras xornalísticas en galego

A publicación mensal fai parte dun proxecto a nivel estatal

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O Salto súmase ás cabeceiras xornalísticas en galego

O 1 de marzo viu a luz o número 0 de O Salto. A entrega está dispoñible polo momento só para os participantes na campaña de financiamento colectivo deste novo medio, que integra preto de 20 proxectos de xornalismo alternativo de todo o estado. A cabeceira, edición da estatal El Salto, sairá cada mes con entre 64 e 80 páxinas, entre elas un suplemento de 8 na nosa lingua con contidos específicos sobre o noso país. Entre os profesionais involucrados nesta iniciativa atopamos nomes como Héctor Barandela, Clara Figueroa, Pablo Quevedo, Roi Rivera Antía Rodríguez ou Xabier Sánchez Lombardero, ademais dunha nutrida nómina de colaboradores.

A privatización da saúde pública en Galicia protagoniza a capa desta primeira entrega, que tamén lle dedica contidos á toma de posesión de Feijóo como presidente ou ao proxecto NUMAX. Está previsto que o número 1 chegue aos quioscos o vindeiro mes de maio

O proxecto, que continúa a procurar asinantes, está a se presentar ao longo desta semana en diferentes localidades do país. Hoxe mesmo, 14 de marzo, darase a coñecer en El Pueblo Café Cultural de Ourense, e mañá, 15 de marzo, na Cova dos Ratos de Vigo. O 16 de marzo será O Ateneo o local da presentación en Compostela, e o 17 de marzo a libraría Berbiriana acollerá a presentación na Coruña.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Numax, Ourense, A Coruña...

Claves

Entidades
Conceptos